Apoia a XVI POESÍA SALVAXE- A Palavra Encarnada 2024
Queridas amigas e amigos, a poesía atravesa día a día as catro estacións cara ao noso abril vermelho, e detense incluso en todos os apeadoiros que pespuntean o vivir, o oficio por antonomasia. Coa poesía nos dentes, tomaremos de novo as rúas e prazas de Ferrol, os mercados e os lugares nos cales a palabra pasta nos campos vizosos do silencio, o ruído enxordecedor da multiplicación dos pans e os peixes, sucedáneos de peixes e pans, as leiras cultivadas polas tarefas cotiás, onde a vida reprodúcese cada día sen descanso e a palabra, ferida ás veces, ás veces morta, amable ou terrible, tatexa ou balburcia, descoñecida, silencio e grito, aí é onde os poemas nútrense e onde dalgún modo, móstranse útiles na súa luminosa inutilidade.
A fascinante utilidade do inútil.
Esta cita estará dedicada á memoria de FERNANDO NAVEIRAS, noso prezado amigo “FEFI". E neste 50 aniversario da REVOLUCIÓN dos CARAVEIS, fáisenos inaprazable expresar a nosa solidariedade co pobo palestino, contra e xenocidio que o estado de Israel leva a cabo no territorio ocupado de Gaza.
Baixo o ceo e a terra da POESÍA, a poesía que fai posible habitar o Tempo que nos toca vivir, faremos realidade a resistencia e a risa, crearemos un lugar liberado no mesmo corazón desta Primavera Apelando á vosa solidariedade fraternal, agradecemos o apoio, todo apoio, para poder facer posible este encontro, para poder sufragar unha parte dos gastos que supón a viaxe e a estancia das e os poetas convidadas nesta ocasión. Sempre tendo en conta o mais xeneroso e digno trato aos nosos convidados e convidadas. Parte esta cuberto polo Concellería de Cultura da nosa cidade.Pero o noso desexo sería acadar tres mil euros máis para organizalo todo segundo a nosa idea prevista.
A desagregación dos gastos farase pública.Contamos co apoio de varias asociacións culturais, afoutas e xenerosas, como AC Fuco Buxán, Fundaçom Artábria, Ateneo Ferrolán, Centro Cívico de Canido, Radio Fene... así como dalgúns bares de Ferrol: Manchita Cosa, Café Dover, Taberna O´Xustiño, Cervecería Papillón, Cuerda Floja...Faremos publica todos os apoios que recibamos
O cartaz deste ano é obra do recoñecido artista Leandro Lamas, ao cal moito lle agradecemos a súa inspirada e xenerosa colaboracion.
Aquí achegamos o IBAN da A.C. LENDO POESÍA:
ES98 2080 0200 4130 4012 6251
Podedes facer unha transferencia, ou usar Bizum
Teléfono 687638272 (A Palabra Encarnada)
Lembrade que as sinaturas en apoio e as doazóns son o mesmo de importantes .
Moitisimas grazas e
¡LA NAVE VA! Viva o avril da palabra encarnada!
Ferrol, Avril do ano 2024
"Un poeta é, podería dicirse, un home que entre as cousas, os homes, a súa historia e a súa lingua, intúe relacións distintas das que os demais adoitan ler respecto diso; relacións, podería dicirse, de sentimento e fantasía, que expresa de tal modo que induce aos demais a comprender a súa beleza, é dicir, a súa verdade."
Cartaz a partir dunha obra de LEANDRO LAMAS
Pintura De FERNANDO NAVEIRAS "FEFI"
aqueles días, os da PRIMEIRA SEMANA DE POESÍA SALVAXE, tremor e temor, emoción e unha fe cega en facer realidade un proxecto nado das entrañas, nos bares e nas esquinas, e que tería a seu hábitat, nas rúas, prazas e bares da cidade, e todo co propósito de sacar e orear nos tendais do aire a PALAVRA ENCARNADA.
E así foi
Choveu coma se as nubes no canto das ovelhas
fosen nubes. tardes ventosas
que nos levantaban en albas
e rasantes desdobrábamos as esquina
se os e as poetas invitadas
ían chegando
bardos antigos
corazóns vermellos
e tan novos como a nostalxia do futuro
mirando os guindastres en extinción
aves de aceiro
escarabellando e picoteando
nas escombreiras da historia
raparigas manchadas polas rimas
da luz coa rabia
E aconteceu e tivemos a certeza de que os Mercados e as Prazas
eran hortas fértiles para as voces do silencio.
A PALAVRA ENCARNADA 2024 Poesía Salvaxe Contactar con el autor de la petición