Apoio á Palavra Encarnada, a nosa Poesía Salvaxe Ferrol 2023
(Autor do cartaz, FER PATIÑO)
-A falta de colaboración do Concello obriga á despedida da Semana de Poesía Salvaxe-A Palabra Encarnada logo de 15 anos izando Ferrol de palabras e música.
(Só un cambio radical con respecto á cultura a pé de obra, a pé de día, e en especial con relación á POESÍA SALVAXE, ao evento poético, por parte do Poder Local, sexa este de a cor que sexa, fará desta cita un acontecemento anual, sen mais quebrantos, un acontecemento consolidado, que de feito xa é)
Non fai falla proclamar que a Poesía está mais viva que nunca, é o antídoto mais eficaz contra o establecido.
Ela fai posibel habitar este Mundo que nos expropian cada día.
¡Medre a poesía!
-Aínda así o evento poético pide apoio para celebrar a derradeira cita os días 27, 28 e 29 de avril
Non puido ser. Cando se cumpren quince luminosos anos da celebración en prazas, rúas e locais de Ferrol da Semana de Poesía Salvaxe (A Palabra Encarnada) toca baixar telón. Esta cita naceu en 2008 conducida por Guillermo Ferrández e Juan C. Valle“Karloti” baixo o impulso da Concellería de Cultura que entón dirixía Yolanda Díaz. Pero o actual equipo de goberno do Concello de Ferrol, co alcalde Ángel Mato e o concelleiro de Cultura á cabeza, amosando un cru desprezo nin contestou ás peticións e solicitudes que se lles fixo desde a organización do ciclo poético para colaborar (ou non) nesta cita que ocupaba o espazo literário do que a cidade carece. (Incluso hai unha proposta de creación dun PREMIO DE POESÍA “RICARDO CARVALHO CALERO” co mesmo nulo resultado.
Un novo éxito cultural do actual equipo de goberno.
Non entanto, a organización fará con paixón e determinación un último esforzo de despedida para converter o mes de abril na cita coa Palabra Encarnada e amosar outra faciana dunha cidade caleidoscópica. Así, aínda que non podemos recibir aos poetas que se ofreceron a participar sen cobrar, os días 27, 28 e 29 de abril será realidade o encontro poético grazas á colaboración de momento da AVV de Canido, Cento civico de Canido, a Fundaçom Artabria e o Ateneo Ferrolán, A.C. FUCO BUXÁN
Asociación Sociocultural Muíño do Vento ,
Agencia de Diseño y Desarrollo
Temos un apoio sempre da hosteleria como o do Café Dover, Restaurante A Vaca, Cerveceria Papillón, Cuerda Floja, O Cabazo, O Xustiño...
Facemos unha afervoada petición de apoio económico e anímico, recollendo sinaturas e abandonándonos, nesta derradeira cita, á xenerosidade popular. Os cartos destinaranse a pagar hotel, viaxe e os gastos que xurdan. Faremos realidade este XV encontro ca poesía como arma de construción masiva.
Iremos completando o programa e informando dos e das poetas que nos visitarán este ano.
Aquí achegamos o IBAN da A.C. LENDO POESÍA:
ES98 2080 0200 4130 4012 6251
Podedes facer unha transferencia, ou usar Bizum
Teléfono 687638272 (A Palabra Encarnada)
Lembrade que as sinaturas en apoio e as doazóns son o mesmo de importantes .
Moitisimas grazas e
¡LA NAVE VA! Viva o avril da palabra encarnada!
Ferrol, Avril do ano 2023
aqueles días, os da PRIMEIRA SEMANA DE POESÍA SALVAXE, tremor e temor, emoción e unha fe cega en facer realidade un proxecto nado das entrañas, nos bares e nas esquinas, e que tería a seu hábitat, nas rúas, prazas e bares da cidade, e todo co propósito de sacar e orear nos tendais do aire a PALAVRA ENCARNADA.
E así foi
Choveu coma se as nubes no canto das ovelhas
fosen nubes. tardes ventosas
que nos levantaban en albas
e rasantes desdobrábamos as esquina
se os e as poetas invitadas
ían chegando
bardos antigos
corazóns vermellos
e tan novos como a nostalxia do futuro
mirando os guindastres en extinción
aves de aceiro
escarabellando e picoteando
nas escombreiras da historia
raparigas manchadas polas rimas
da luz coa rabia
E aconteceu e tivemos a certeza de que os Mercados e as Prazas
eran hortas fértiles para as voces do silencio.
semana de poesía salvaxe Contactar con el autor de la petición